Inicio | Contacto | Idioma: Galego / Castellano
 

Características

O edificio foi concebido e construído co criterio do maior aproveitamento enerxético posible. Os materiais empregados, tanto no interior coma no exterior, teñen unha fabricación e unha reciclaxe idóneas para a sostenibilidade dos recursos naturais. A orientación é predominantemente Sur na maioría dos espazos habitables (dormitorios e salas de estar). O sol inunda todos os espazos comúns así coma os corredores que, doutra banda, teñen unha anchura suficiente para o paso de dúas persoas en cadeira de rodas.

Dispón dunha sala moi ampla e doutras dúas máis pequenas para que cada usuario atope o lugar idóneo para a súa tranquilidade.

Os corredores sempre estarán asollados e son amplos para permitir longos paseos durante eses días de inverno e de choiva onde saír ao exterior é máis ben difícil. Aínda que dispoñemos de lugares ao exterior cubertos. A residencia atópase rodeada na súa totalidade por un xardín de 2500 m2. Toda a volta é perfectamente accesible non existindo nin un só chanzo nin no interior nin no exterior. A zona verde e a zona empedrada forman un único pavimento, non se crean así desniveis nin bordos entre eles.

Enerxéticamente o edificio dispón da última tecnoloxía como a calefacción por chan radiante a base de auga, producción de enerxía por xeotermia (aproveitando a calor da auga do subsolo), illantes na fachada de 8cm de espesor (Poliestireno Extruído e Tripomant)

A cuberta plana con 8 cm de illamento (Nosa-Losa) é totalmente desmontable para un posible mantemento e está executada con láminas impermeabilizantes sen P.V.C. (Bituthene 3000)

A fachada trasventilada é de granito e de cerámica (Techlam), ésta con colorantes naturais.

Os vidros das xanelas son dobres cunha cámara de 14 mm para un maior illamento e o aluminio (Alumafel Unno-Thermic) con rotura da ponte térmica.

Os chans en todo o edificio son de tarima flotante sintética acabado de madeira co que se logra unha gran calidez e confortabilidade.

Ata a peche exterior da residencia é de madeira, material co que se logra unha excelente integración co entorno.

Dispón dun completo sistema de protección contra os incendios, ata con depósito de auga para unha urxencia e grupo electróxeno para alimentar os motores no caso de que se interrompese o fornezo eléctrico.

Na sala principal existe unha cheminea para gozar, cando apeteza, do lume no interior.

O xardín é un espazo no que cada planta e árbore están perfectamente colocados segundo a súa orientación e o seu uso.

Dispoñemos dunha pequena horta para aqueles usuarios que desexen ver medrar os seus propios froitos.

E todo este sistema está controlado coa axuda dun sistema domótico no que a iluminación, calefacción, ventilación, apertura de xanelas e portas, e ata os sistemas de seguridade (alarmas médicas do residente e outras de tipo técnico) están optimizados para un mellor aproveitamento da enerxía e contribuir á sostenibilidade (Discon-Cogaprel de www.cogaprel.com).

O edificio foi concibido para que o usuario goce do Sol, do xardín exterior e dun interior adaptado.

2013 © Ximará Residencia de Anciáns SLU