¿A qué idade xa se pode ingresar na residencia?

Segundo a lexislación hai que ter 65 anos como mínimo. Pódese ingresar cunha idade menor pero haberá que solicitar autorización á Xunta

¿Qué profesionais sanitarios teñen?

Dispomos dos servizos de médico, enfermeira e fisioterapeuta

¿A residencia é durante todo o día?

A residencia é permanente, as 24 horas.

¿É seguro o recinto de Ximará?

No recinto de Ximará non poden acceder os vehículos, a no ser as ambulancias e esporádicamente para carga e descarga. Os residentes disfrutan dunha zona axardinada segura e adicada exclusivamente a eles e ás suas familias.

¿Cómo podo saber o prezo dunha praza?

O prezo dunha estadía será segundo o Grao de Dependencia do residente. Temos que falar e concretalo. Para elo chámenos por teléfono ou escriba un correo proporcionándonos o seu número de teléfono e nós porémonos en contacto con vostede.

¿No prezo que se inclue?

Incluese todo a non ser a perruquería (corte e tinxido), a pedicura específica de podólogo e o custe do copago farmaceútico. En Ximará proporcionaremoslle o servizo de perruquería, o de pedicura de podólogo e xestionamos na farmacia a súa medicación (sen custo).